A Superliga Saudable é un proxecto do colexio para promover hábitos saudables entre o alumnado. Cada clase forma un equipo que compite de forma saudable ao longo do curso.
Como se gañan puntos?
- FruitCounter: cada semana cóntanse as froitas que trae a clase. Cantas máis froitas, máis puntos e lites para a Ecotenda.
- AFHL: minutos de actividade física que fai a clase en horario lectivo.
- Simulacros de mochila: compróbanse os pesos das mochilas. Cada alumno/a que leva un peso axeitado suma 1 punto e 1 lite.
Que son os lites?
Os lites son a moeda ficticia da Superliga. Gáñanse completando as propostas saudables e pola posición no ranking. Con eles pódense alugar materiais de xogo na Ecotenda durante os recreos.
Patios DINS
Cada clase ten tarxetas de xogos que rotan a diario. Para alugar materiais hai que ir á Ecotenda ao lado do patio e pagar cos lites da tarxeta de crédito da clase.
Tarxeta de Crédito
Cada clase ten unha tarxeta de crédito virtual onde se rexistran os ingresos (lites gañados) e os gastos (alugueiro na Ecotenda). O QR da tarxeta permite acceder rapidamente aos datos da conta.