DENA ACTIVA
Plan de Hábitos Saudables

DENAACTIVA

5 propostas para unha escola máis activa, máis sá e con máis movemento.

CEIP Coirón Dena · EPHS

Espertares máxicos

Cada día, durante o tempo de alborada, realizamos unha activación neuromuscular ou cognitiva: actividades que impliquen un gasto de enerxía por encima do metabolismo basal.

Con isto evitamos que o alumnado estea pasivamente na aula agardando a hora de comezo das clases. Empregamos a aplicación GoNoodle ou outras de características similares.

GoNoodle: Energía de la mañana

Descansos activos

Período de actividade física situado entre as sesións de clase sedentarias. O obxectivo é activar ao alumnado a nivel psicomotriz, evitando permanecer sentados moitas sesións seguidas.

Implementámolos entre a 2ª e 3ª hora, e nas sesións de contexto dos mércores e xoves, mediante dinámicas de movemento e coordinación.

Pódense facer dentro da aula con GoNoodle, coreografías de YouTube ou o programa DAME 10; ou fóra da aula con circuítos e probas complementarias.

DAME 10 — Descansos Activos

Método HERVAT

Hidratación · Equilibrio · Respiración · Visual · Auditivo · Táctil

  1. 1Hidratación — beber un pouco de auga a sorbos pequenos.
  2. 2Equilibrio — flamenco, árbore, cambiar peso dunha perna a outra (10 s). Engadir dificultade pechando ollos ou subindo as mans.
  3. 3Respiración — 10 respiracións profundas (5 en infantil): inspirar polo nariz e expirar pola boca, cunha man no peito e outra no abdome.
  4. 4Visual — movemento ocular: seguir un obxecto, unha liña, un dedo.
  5. 5Auditivo — discriminar sons e ritmos (60 s). Levantar a man cando soe o son acordado, palmas seguindo un número.
  6. 6Táctil — en parella, debuxar formas nas costas, operacións matemáticas ou figuras xeométricas (3º ciclo).
Diagrama do método HERVAT

Folla de rexistro

Cada clase ten unha folla semanal onde o titor ou titora anota os minutos de actividade física en horario lectivo: espertares, descansos activos e HERVAT.

  1. +1Cada actividade realizada (mín. 3 min) → 1 punto.
  2. +1Bonus: 3 actividades no mesmo día → +1 punto.
  3. +1Bonus: superar 15 min totais no día → +1 punto.

Máximo: 5 puntos/día · 25 puntos/semana. Os puntos vólcanse na Superliga Saudable.

Folla de rexistro semanal

Fruitcounter

Iniciativa de Juanjo Pérez Soto: contamos por aula que nenas e nenos consumen froita a diario.

Cada aula vai anotando o seu consumo durante a semana. Cada luns, o alumnado de percorre as clases recollendo as follas e volcando todos os puntos no ranking da Superliga Saudable.

Folla Hábitos Saudables — Fruitcounter

Mochila sá e segura

Ao comezo do curso danse charlas sobre hábitos posturais axeitados, mostrando imaxes de escolares con peso incorrecto nas mochilas.

Desde EF pésase ao alumnado e calcúlase o 10% dese peso: será o que poden levar na mochila seguindo as recomendacións científicas.

A partir dese momento as familias comprobarán que as súas fillas e fillos respectan o obxectivo. Logo faranse simulacros aleatorios cunha báscula a un grupo determinado para volcar datos na Superliga.

Simulacro de mochila

As propostas dan lites

Cada proposta saudable suma puntos que se converten en lites, a moeda ficticia do colexio.

Cada clase ten unha tarxeta de crédito virtual onde consulta o saldo de lites do equipo. Os movementos rexístranse coma nunha conta bancaria: ingresos polas propostas e gastos no patio.

Cos lites pódense alugar os xogos das tarxetas dos Patios DINS: cordas, pelotas, materiais alternativos… durante o recreo na Ecotenda.

SUPERLIGA
Saldo dispoñible
128lites
BOLBORETA A
5ºA
HEALTHY CARD

Grazas

Calquera dúbida, contactade co EPHS